9 de decembro de 2012

Cándido ou o optimismo.

Cándido, inxenuo e optimista mozo creado por Voltaire no ano 1759 para protagonizar a obra do mesmo título, co que quería ridiculizar a filosofía de Leibniz que defendía que todo acontece para ben e que vivimos no mellor dos mundos posibles.

 Para iso, Cándido, que ata o comezo do libro vivía unha apaciguada e beatífica vida como criado nun fermoso palacio, no máis fermoso do mundo, segundo el, será forzado de súpeto a aventurarse miserablemente polo mundo onde acabará experimentando a cruda realidade de que o mundo está moi lonxe de ser o mellor dos posibles. A súa misión principal e o motor da súa anima será o irrefrenable desexo de volverse a atopar coa filla do Conde dono do palacio no que el residía, e que precisamente deixou de residir por cacharlles este último xuntos e botalo a patadas.

Deixemos constancia de que o final do libro resulta favorable para Cándido, mais non así para moitas das personaxes coas que se atopa Cándido polo camiño, cada cal peor parada ca anterior. Cándido polo tanto non seguirá pensando que vivimos no mellor dos mundos posibles, pero sí que podremos achar un mellor que outro, se aprendemos a cultivar o noso xardín, derradeira sentencia do libro, e que alumbra a etapa de pesimismo moderado que caracterizou ao autor nesa época.

F.D.M.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.