19 de decembro de 2012

Os suicidas

Título dun das tantísimos novelas do prolífico escritor belga Georges Simenon, popularmente lembrado pola súa serie de novelas policíacas protagonizadas polo comisario Maigret.

Naceu na cidade de Liège en 1903, na rexión de fala francesa, Valonia, que corresponde á metade sur do país, e foi un incansable coñecedor da vida humana e de todas as súas facetas, a través de longos e innumerables viaxes, deixando fluir ríos de paixón por onde el pasaba.

En "Os suicidas" dous novicios e obtusos amantes abandonan a casa na que viven cos pais dela e vanse esconder en París xa que son os principais sospeitosos dun crime que se cometeu na cidade. Mais, a pesares de que a parella deixa antes de marchar unha carta aclarando que se suicidarán se topan con eles, o pai da moza, que xa non estaba moi contento coa súa elección conxugal, vainos perseguir igoalmente pois sabe que son demasiado torpes ate para matarse.

Pero non debemos esquecer que sos os torpes os principais causantes das traxedias, e cando un chega á aberrante toleira de sacarse do medio, non lle hai diferenza en que outros tamén se aparten.

F.D.M.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.