Miguel de Unamuno morreu un 31 de nadal, o do ano 1936 con España en plena Guerra Civil.
Escríbeme un amigo desde Chile dicíndome que se atopou alí con algúns que, referíndose aos meus escritos, dixéronlle: "E ben, en resumidas contas, cal é a relixión deste señor Unamuno?" Pregunta análoga dirixíuseme aquí varias veces. E vou ver se consigo non contestala, cousa que non pretendo, senón expor algo mellor o sentido da tal pregunta.
Tanto os individuos como os pobos de espírito perezoso - e cabe preguiza espiritual con moi fecundas actividades de orde económica e doutras ordes análogas - propenden ao dogmatismo, sáibano ou non o saiban, quéirano ou non, propóndose ou sen proporllo. A preguiza espiritual foxe da posición crítica ou escéptica.
Escéptica digo, pero tomando a voz escepticismo no seu sentido etimolóxico e filosófico, porque escéptico non quere dicir o que dubida, senón o que investiga ou rebusca, por oposición ao que afirma e cre achar. Hai quen escudriña un problema e hai quen nos dá unha fórmula, acertada ou non, como solución del.
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.