13 de outubro de 2015

Inicio de A LENDA DE JESSE JAMES

DE CLAUDE APPELL

Cando Jesse James veu a este mundo no Missuri, en setembro de 1847, a conquista do Oeste acababa de comezar. Era aquela unha época onde todos os meses, na primavera, longas caravanas de pioneiros saían de San José ou Independencia, a algunhas millas da casa dos James, para afundirse na inmensa Pradera, dominada polos bisontes e os guerreiros vermellos. Esta era a época dos galeóns da pradaría, pesados carros nos cales os conquistadores do Oeste emprendían a súa peregrinación para unha aventurada viaxe de varios meses.
Era esta a época das loitas contra os indios, das marchas azarosas polas arideces escarpadas das Montañas Rochosas, ou polas tempestades de neve da Serra Nevada. Os que puideran escapar aos perigos da ruta, sentíanse felices ao descubrir as terras fértiles de Oregón e de California.
Era a época en que o Oeste non coñecía a Lei, na que os homes rudos que gozaban estas terras novas, non contaban máis que coa forza dos seus puños e as balas das súas pistolas para facer respectar os seus dereitos; a época en que as cidades xurdían como os fungos, sen administración nin policía e que atraían tanto aos amantes de toda clase de aventuras para os que o gran negocio era poder sacar o colt e disparar ao adversario unha décima de segundo antes de que este fixese o propio con el.
Jesse James e o seu irmán Frank creceron nesta atmosfera apaixonada. O seu pai, un curioso personaxe á vez pastor e granxeiro, tamén fora apresado por esta tolemia do Oeste que, en 1849, tanto impresionase aos seus compatriotas. Atopáronse pebidas de ouro no American River e unha boa mañá plantaba á súa familia, granxa e sermóns, para correr a California tras a fortuna. E alí atopou a morte.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.