6 de outubro de 2015

Inicio de CEPHES 5

CEPHES 5
Howard Fast

O terceiro oficial (en adestramento, así que en realidade era simplemente o axudante do terceiro oficial) deu uns pasos polo corredor da gran nave espacial en dirección ao recinto de meditación. Aínda que xa levaba catro anos estudando as once clases distintas de naves espaciais, a presente era nova, impresionante e moito máis complexa, moito máis debido a que esa se trataba dunha nave Clase Dúas, absolutamente autónoma en canto a mantemento e cunha posibilidade indefinida de percorrido. A distinción doutras naves espaciais, non levaba o nome do planeta de orixe senón do de destino, Cephes 5, e como todas as naves médicas, estáballe permitido entrar en calquera porto da
galaxia.
Sabía que tivera sorte en ser destinado a esta nave para completar o seu adestramento, e aos vinte e dous anos era o suficientemente novo e romántico como para dubidar da súa boa fortuna e bendicir a súa boa estrela continuamente.
Había tres días que se embarcara como cadete oficial, no último porto que tocara a nave, e desde entón tivérono ocupado con exames médicos, inoculacións, instrucións e xiras de orientación. Esta era a súa primeira hora libre, e buscou o recinto de meditación.
Era unha habitación longa, sen nada de particular, de paredes cor marfil, ceorraso de igual cor, iluminada por unha agradable luz dourada. Por todos lados habían pilas de almofadas. Da tripulación da nave, unhas cento vinte persoas, había nese momento unha ducia, meditando. Estaban sentados sobre as almofadas coas pernas cruzadas, o corpo ergueito, as mans xuntas e a mirada baixa nunha posición que era talvez a máis xeneralizada entre todos os planetas da galaxia. O terceiro oficial escolleu unha almofada e sentou, cruzando as súas pernas espidas. Só usaba un short de algodón.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.