16 de outubro de 2015

Cavilando

Do pobo 
O mesmo que un arquitecto antes de levantar un gran edificio observa e sonda o terreo para ver se pode soportar o peso daquel, así o sabio lexislador non comeza por redactar boas leis en si mesmas, senón que antes examina se o pobo ao cal as destina é adecuado para recibilas. 
Esta foi a razón pola cal Platón rexeitou dar leis aos arcadios e aos cirenienses, sabendo que estes dous pobos eran ricos e non podían sufrir a igualdade; velaquí o motivo de que se visen en Creta boas leis e homes malos, porque Minos non había disciplinado senón un pobo cheo de vicios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario