Texto de Fredric Brown, nado o 29 de outubro de 1906 en Cincinnati, que foi un escritor de ciencia ficción e misterio, coñecido polos seus contos caracterizados por grandes doses de humor e finais sorprendentes.
AÍNDA NON É O FIN
Fredric Brown
Había un verde e infernal matiz de luz dentro do cubo de metal. Era a luz que
facía que a pel pálida de morte da criatura que estaba sentada
fronte aos controis parecese desganadamente verde.
Un só ollo labrado en facetas, no centro dianteiro da cabeza, observaba
o sete diais fixamente. Desde que deixaran Xandor, ese ollo xamais se apartara dos diais. O soño era algo descoñecido para a raza
galáctica á que pertencía Kar-388E. A piedade tamén era algo descoñecido.
Unha simple mirada aos agudos e crueis trazos que había debaixo do facetado
ollo podía probar iso.
Os indicadores do cuarto e o sétimo dial detivéronse. Iso significaba que
o cubo mesmo detiverase no espazo próximo ao seu inmediato obxectivo.
Kar achegouse co seu brazo superior dereito e soltou o interruptor do
estabilizador. Logo levantou e estirou os seus entumecidos músculos.
Kar virou até quedar de fronte ao seu compañeiro do cubo, un ser igual a el.
- Aquí estamos - dixo -. A primeira parada. Estrela Z-5689. Ten nove
planetas, pero só o terceiro é habitable. Temos a esperanza de atopar
criaturas que poidan ser bos escravos para Xandor.
Lal-16B, que estivera sentado nunha ríxida inmobilidade durante a viaxe,
tamén se levantou e estirouse.
- Esperemos que así sexa. Entón poderiamos regresar a Xandor e ser honrados
mentres a frota vén por eles. Pero non teñamos demasiadas esperanzas.
Atoparnos co éxito na nosa primeira detención sería un milagre.
Probablemente teremos que mirar en mil lugares.
Kar encolleuse de ombreiros.
- Entón miraremos en mil lugares. Cos Loumacs morrendo, temos que
conseguir escravos para as nosas minas ou, senón, terán que pecharse e a nosa
raza morrerá.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.