24 de outubro de 2015

Fragmento de ¿Que me queres, amor?, de Manuel Rivas

Fragmento de ¿Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, escritor nado na Coruña o 24 de outubro de 1957

—Ven, Mary, este é o noso patrocinador —dixo Thanks Danke, cun sorriso de orella a orella—. O señor Mille Tausend.
Era máis artificial ca o sorriso dun sobrecargo de avión. O único natural era a cor branca chimpancé da palma das mans.
—Ola, querida. Encantadora, Danke, tal como a imaxinei.
Eu tivera unha mañá fatal. Queimáronse as tostadas e pelexei con Hahn Cock. Deixeino para sempre. Só levei as chaves do coche.
—Danke díxome que vostedes querían financiar unha serie.
—Exactamente, querida.
—¿Gústanlle os debuxos animados, señor Tausend? —preguntei por preguntar.
—Son a miña paixón, querida —dixo el con sarcasmo.
—Se non me engano, o protagonista terá que pasar o día comendo salchichas.
—Algo así. ¿A que é unha boa idea?
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario