Digo, pois, que non sendo a soberanía senón o exercicio da vontade xeral, non pode enallearse xamais, e o soberano, que non é senón un ser colectivo, non pode ser representado máis que en por si: o poder é susceptible de ser transmitido, mais non a vontade.
En efecto: aínda que non é imposible que unha vontade particular concorde nalgún punto coa vontade xeral, si o é, polo menos, que esta harmonía sexa duradeira e constante, porque a vontade particular tende pola súa natureza ao privilexio e a vontade xeral á igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.