Texto de Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952, así que hoxe está de aniversario.
A caixa de puros 25 Partagás de Partagás Selección Especial esgotárase. Manoel Rúa, antes Manuel de la Calle, sinalou, falsamente afectado, a caixa baldeira e dixo algo así como que el non tería ningún problema en ir mercar outra, pero era xa tan tarde que non atoparía ningún comercio aberto. Os membros da Comisión Pro-Desenvolvemento aceptaron prescindir dos cigarros puros pero pediron-esixiron máis uisqui, estamos secos, agora uns vasiños máis faríannos moito ben...
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.