Preme aqui para ver as bases.
A foto de hoxe corresponde ao Xardín de San Carlos, situado na cidade vella da Coruña, foi construído coma castelo defensivo fóra das murallas no século XIV e quedaría unido á cidade no XVI.
Pouco a pouco foi perdendo importancia coma baluarte ou "Fortaleza vella" e, tras estalar o polvoriño que contiña, foi abandonado até que xa no século XVIII é recuperado coma xardín por Don Carlos Francisco de Croix. O aspecto actual do Xardín de San Carlos débese ao gobernador en 1834 Francisco de Mazarredo, e presenta unhas características de xardín romántico. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico xunto coas murallas.
O xeneral inglés Lord Wellington dirixiu unha proclama ao exército no Cuartel Xeral de Lesaca o 4 de setembro de 1813 trala Batalla de San Marcial do 31 de agosto dese mesmo ano, recordada no Xardín de San Carlos, na que enxalzaba ao exército que el mesmo mandaba. Dicía Wellington: Españois: adicádevos todos a imitar aos inimitables galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.