Texto de Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938.
«O Tenente ergueuse coma un resorte e chocou os talóns.
—Descanse, fillo -dixo unha voz apagada desde o recanto en sombra da Oficina do Corpo de Garda.
—Sen novidade na Garda, meu Coronel.
Eixiña se fixo visíbel para o Tenente a figura do Coronel Junquera. Coma sempre, a vista do Tenente dirixiuse ás perniñas curtas e trencas do seu superior, que tanto o divertían interiormente, e considerou o pantalón frouxo que el gastaba como hábito de ocultación do seu defecto.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.