Estaban a baleirar o seu cuarto, quitándolle canto amaba: levaron o baúl no que gardaba a serra e as demais ferramentas, e agora estaban a mover o escritorio, sólidamente asentado no chan, no cal, cando estudaba a carreira de comercio e mesmo cando ía á escola, fixera os seus exercicios. Non tiña un minuto que perder para neutralizar as boas intencións da súa nai e a súa irmá, cuxa existencia, polo demais, case esquecera, pois, rendidas de cansazo, traballaban en silencio e só se ouvía o rumor dos seus pasos pousados.
Mentres as dúas mulleres, na habitación contigua, descansaban un momento no escritorio para tomar alento, Gregorio saíu de súpeto do seu agocho, cambiando de traxectoria até catro veces: non sabía por onde empezar. Nisto, chamoulle a atención, na parede xa espida, o retrato da muller envolta en peles. Rubiu precipitadamente até alí e agarrouse ao cristal, cuxo frío contacto acougou o ardor do seu ventre. Polo menos esta estampa, que o seu corpo cubría agora por completo, non lla quitarían. Volveu a cabeza cara á porta do comedor, para ver ás mulleres cando entrasen.
Estas case non se concederon descanso, pois enseguida estiveron alí de novo; Grete rodeaba á nai co brazo, case sosténdoa.
-Que nos levamos agora? -preguntou Grete mirando ao seu ao redor.
Nisto, a súa mirada cruzouse coa de Gregorio, pegado á parede. Grete logrou dominarse unicamente por mor da presenza da nai; inclinouse cara a esta, para impedir que vise a Gregorio, e, aparvada e temblorosa, dixo:
-Ven, imos un momento ao comedor.
Para Gregorio, as intencións de Grete estaban claras: quería pór a salvo á nai, e despois botarlle da parede. Que o tentase se se atrevía! El continuaba agarrado á súa estampa, e non cedería. Prefería saltarlle a Grete á cara.
Pero as palabras de Grete só lograran inquietar á nai. Esta botouse ao carón, viu aquela enorme mancha escura sobre a empapelada parede e, antes de poder darse sequera conta de que aquilo era Gregorio, gritou con voz aguda:
-Meu deus! Meu Deus!
Esborrallouse sobre o sofá, cos brazos estendidos, coma se as súas forzas abandonásena, quedando alí sen movemento. E perdeu a consciencia.
-Gregorio -exclamou a irmá co puño no alto e a mirada de reprobación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.