11 de agosto de 2015

Fragmento de O misterio dos fillos de Lúa

Texto de Fina Casalderrey Fraga, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, escritora galega.

Unha vez papá foi pecha-lo portal do baixo, e Lúa non estaba. Chamouna pero non veu.
—A gata non aparece, así que xa pode durmir fóra, tamén esperta un pouco —dixo papá ó subir.
—Non te aqueloutres que mañá á mañá xa está á porta a pedir de comer coma un cravo —contestou mamá.
Non sei por qué sempre ten que dicir algunha parvada. Eu aínda nunca mirei un cravo pedir comida á porta dunha casa.
Pola mañá erguinme, e antes de almorzar fun mirar se Lúa xa viñera, pero nada. ¡Tres días estivo sen aparecer!
Tívenllo que dicir a Branca. A gata tamén é dela porque fixeramos aquel xuramento.
Axudoume a buscala por tódolos recunchos. Non estaba no galiñeiro.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.