28 de agosto de 2015

A Quinta de Saler

Fragmento de A Quinta de Saler, obra de Antón Riveiro Coello, nado en Xinzo de Limia o 28 de agosto de 1964.

e7-e5 (Negras)
O primeiro que o viu foi un rapaz que deixou de xogar á billarda para atender ao home traxado que ía encol dun percherón branco de excelente alzada e finos remos. Campaba o home cun sombreiro de ala ancha e un bigote voluminoso que empataba coas patillas. Sen se deter preguntou pola casa de Sozinha e seguiu o seu camiño cunha afectación estranxeira. Traía tras del dous carros parapetados de fardeis tirados por dúas xugadas de bois enormes que guiaban dous criados.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario