No porto da Coruña aboian os barcos do Gran Sol. Os mariñeiros lanzan desde a cuberta caixas de plástico branco e de cores, que outros en terra recollen e amorean con destreza. Nas adegas amoréanse os bidóns de metal, as grosas cordas enroladas e esgazadas. Os faroliños dos mastros abanean na escuridade, nas súas gaiolas de arame. Aquí e aló roxen os motores de gasóleo, fan estrondo as marteladas no ferro e brillan as faíscas da soldadura. A xente agrúpase e fala en linguas diversas: mariñeiros con gabardinas amarelas ou verde escuro; mariñeiros negros, loiros, orientais..., con botas de goma e xerseis abrigados. E coma el sen afeitar e cos cabelos revoltos.
—¿Este barco vai ao estranxeiro? —di Chucho, dirixíndose a un dos grupos.
Eles miran para el. O soldador sobe a máscara cunha man, sen pousar o aparello.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.