31 de maio de 2013

AIRAS PÉREZ VUITORÓN [B 1476 / V 1087]

AIRAS PÉREZ VUITORÓN [B 1476 / V 1087]

Pois que Don Gómez cura querría
con boas aves ante prender mal
ca ben con outras, non lhi dé Deus al
ergu'estes corvos, per que s'el fía;
e, con qual corv'el soubess'escolher,
o leixasse mal andante seer
Deus, ca depois en ben tornaría.

Com'el sabe ben d'agoiraría,
se houvesse bon corvo carnaçal
ou cornelha ou aguia caudal
atal qual xe Don Gómez oía;
e con tal lhi leixasse Deus perder
a herdade, o corp'e o haver,
ca todo x'el depois cobraría.

E pois sab'el tod'alegoría
d'agoiro, quando da sa casa sal,
se houvess'el ua cornelha tal
qual xa Don Gómez consinaría,
con atal viss'el a casa arder
e lhi leixasse Deus morte prender
sen confissón, ca pois s'ar porría;

e con bon corvo, foss'el pois caer
eno infern'e ficass'en poder
do diaboo, ca pois s'ar porría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario