17 de maio de 2013

AIRAS PÉREZ VUITORÓN [B 1472 / V 1083]

AIRAS PÉREZ VUITORÓN [B 1472 / V 1083]

Don Estévão achei noutro día
mui sanhudo depos un seu hom'ir,
e sol non lhi pod'un passo fogir:
aquel seu home depos que el ía,
e filhó-o i pelo cabeçón
e feriu-o mui mal dun gran bastón
que na outra mão destra tragía.

E Don Estévão assí dizía
a nós, que lho non leixamos ferir
máis: «Quero-vos eu ora descobrir
com'este vilão migo vivía:
máis era eu seu ca era el meu,
e muit'andava máis en pós el eu
ca el pós mí, pero xi m'el quería».

E o vilão entón respondía
como agora podedes oír:
«Mui gran mal fazedes en consentir
a est'hom'o torto que mi fazía;
ca, de-lo día en que o eu usei,
sempr'a gran coita deante lh'andei,
e el sempre deante me metía.

E veed'ora, por Santa María,
se hei poder de co'el máis guarir,
ca me non poss'un día del partir
de mi dar golpe, de que morrería,
dun gran pao que achou non sei u;
e, pois s'assanha, non cata per u
feira con ele, sol que lh'home desvía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario