21 de maio de 2013

AFONSO X [B 458]

AFONSO X [B 458]

Achei Sancha Anes encavalgada,
e dix'eu por ela cousa guisada,
ca nunca vi dona peior talhada,
e quige jurar que era mostea;
e vi-a cavalgar per ua aldeia
e quige jurar que era mostea.

Vi-a cavalgar con un seu'scudeiro,
e non ía milhor un cavaleiro.
Santiguei-m'e disse: «Gran foi o palheiro
onde carregaron tan gran mostea»;
vi-a cavalgar per ua aldeia
e quige jurar que era mostea.

Vi-a cavalgar indo pela rúa,
mui ben vistida en cima da múa;
e dix'eu: «Ai, velha fududancúa,
que me semelhades ora mostea!»

Vi-a cavalgar per ua aldeia
e quige jurar que era mostea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario