5 de maio de 2013
OS SAPOS de Ricardo Carballo Calero (fragmento de A Xente na Barreira)
Se don Ramón, o ano da súa morte, houbera rubido ao cume do tellado da casa da Barreira, non tería enxergado, de calquer banda que se volvese, térras que non foran súas. Horta, prados, campa e muíño por embaixo; leiras e monte que entraba na parroquia de Trabadela pola ezquerda; caseríos pequeniños pola dereita e monte e mais monte por riba da curtiña da eira. O anceio do señor era que todo aquilo ficara pra o morgado. Polo tanto tiña que facer herdenza pra os outros tres. Mais a morte chegou cando se non espreitaba, e no anaco da Barreira tiñan que dar as súas pequeñas dentadas os irmáns menores cando estiveran na edade de facelo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.