19 de maio de 2013

Fragmento de Memorias de Tains, de Gonzalo R. Mourullo

CARTA A UNHA NOIVA

Carta a M.V.

Miña querida M.V.: lembreime hoxe
de isa carta que nunca me escribiche
(demoran moito as cartas
de ista cidade a isa outra cidade).
Ti es isa roda que saíu do eixo
i eu ando a precurarte
sin atoparte enteira por ningures.
Eu non sei que decirche nista carta:
xa che dixera todo
i o teu silencio díxomo tamén.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario