Noam Chomsky:
«Nin políticos nin especialistas deben opinar en conflitos lingüísticos»
O futuro das linguas minoritarias
-Coñece a realidade politica de Cataluña?
-Si, e creo que a ciencia da linguaxe non ten moito que dicir acerca destas cuestións sociais. O futuro das linguas minoritarias depende da xente, xa que estas teñen vida propia, sobreviven unhas, morren outras. Fai vinte anos, a primeira vez que vin a Barcelona, a xente non falaba catalán pola rúa, agora é normal.
-E o español en Estados Unidos?
-Fálao moita xente, o multilingüismo é unha realidade habitual en todo o mundo. Pero Estados Unidos asasinou as outras linguas. En Europa, a idea de lingua nacional -ou oficial- é un concepto moderno, até fai moi pouco non se expuxeron estas reivindicacións nacionalistas porque as linguas sempre coexistiran.
-Que opina de que nos conflitos lingüísticos opinen os políticos?
- Os científicos non teñen nada que dicir sobre isto, tampouco o políticos pero si o pobo, que é o que usa a linguaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.