15 de maio de 2013

AIRAS PÉREZ VUITORÓN [B 1479 / V 1090]

AIRAS PÉREZ VUITORÓN [B 1479 / V 1090]

Fernan Díaz é aquí, como vistes,
e anda en preito de se casar;
mais non pod'o casamento chegar
d'home (o sei eu, que sabe com'é);
e, por haver casament', a la fe,
d'home nunca vós tan gran coita vistes.

E por end'anda vestid'e loução
e diz que morre por outra molher;
mais este casamento que el quer,
d'home o sei eu que lho non darán;
e por este casamento del, de pran,
d'home atal coita nunca viu cristão.

Ca d'Estorga ata San Fagundo
don'á que ha de Don Fernando torto,
ca por outro casamento anda morto
d'home (o sei eu, que o sabe ja);
e se este casament'el non ha
d'hom'atal coita nunca foi no mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario