7 de outubro de 2012

AIRAS PÉREZ VUITORÓN [B 1475 / V 1086]

AIRAS PÉREZ VUITORÓN [B 1475 / V 1086]

Don Bernaldo, por que non entendedes
camanh'escarnho vos fazen aquí?,
ca nunca máis escarnid'home vi
ca vós andades aquí, u vivedes;
ca escarnh'é pera mui bon segrel
a que x'assí van foder a molher,
com'a vós foden esta que tragedes.

E, Don Bernaldo, se o non sabedes,
quero-vos eu dizer quant'end'oí:
molher tragedes, com'eu aprendí,
que vos foden, e de que ficaredes
con mal escarnho, se vos emprenhar
dalgún rapaz e vos depois leixar
filho doutro, que por vosso criedes.

Mais semelha-xe-nos que vós queredes
que xi vos fodan a molher assí,
ca, senón, fugiriades d'alí
d'u vo-la foden, Don Bernal; e vedes:
non é maravilha de xi vos foder
a molher, mais foden-vos do haver,
ca xi vos foden mal de quant'havedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario