2 de outubro de 2012

60 Anos dende que apareceu O Home Demolido, de Alfred Bester (I)

O pasado domingo cumprironse vintecinco anos do falecemento de Alfred Bester.

-Uf! -dixo Reich con énfase-. Nós non necesitamos leis. Pelexamos de cara. Só os covardes, os débiles e os malos perdedores ampáranse nas regras e o xogo limpo. 


-E a honra e a ética? 


-Posuímos o sentimento da honra, pero é algo propio..., non esas presuntas leis ditadas por un homiño asustado para o resto dos homiños semellantes a el. Un home ten a súa propia honra e a súa propia ética, e mentres non se aparte deles, quen pode acusalo? Quizá non lle guste a ética dese home, pero non ten dereito a chamalo inmoral. 


Powell sacudiu a cabeza, tristemente. 


-Hai dous homes en vostede, Reich. Un deles é excelente; o outro non serve para nada. Se só fose un asasino, non importaría tanto. Pero é vostede, á vez, santo e rufián, e iso empeora as cousas. 
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.