Cinco días (contadas en máis de catrocentas páxinas) da vida de Carlos, un antigo militante dunha banda terrorista vasca (se presupón ETA), e agora propietario dun exitoso hotel en Barcelona.
A súa retirada da militancia xamáis foi completa, continuos rumores de antigas voces lle recordan cada día o seu pasado, demasiado amargo como para poder esquecelo.
Serán cinco días que irán pasando cada vez con máis lentitude ó facerse a percepción do perigo cada vez máis real.
Así mesmo serán moitas as personaxes coas que interactuará Carlos, pero nunca para buscar compaixón ou simpatía entre eles, senón para achar de quén se poderá fiar e de quén non.
O que comeza sendo unha novela intimista e psicolóxica vaise convertendo nunha verdadeira novela de intriga que, nembargantes, ó chegar ó final se decata un de que por ningún momento deixou de posuir o protagonista un xenuino carácter nin o autor a clara percepción do aspecto moralizante que lle quería imbuír á obra.
F.D.M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.