23 de outubro de 2012

Inicio de AS DÚAS CUARTELAS (Terra Brava) de Anxel Fole

E tocoume a min de contar o meu conto.
O meu conto é un conto de misterio, coma o do señor cura; mais non hai soños nil. O que hai é o que se chama unha telepatía i outro fenómeno raro, chamado premonición. E disto, nada máis que un pouquichiño: unha fronza, un argueiro.
Eu teño un irmao que inda vive e bebe, doce anos máis novo que min. É o máis pequeño de toda a irmandade e chámase Pedro.
Foi alférez provisional na Guerra Civil e botou us cantos meses no frente de Teruel.
Viñera con sete días de permiso á casa e xa faguía dez que se atopaba no frente.
Ó meu irmao cativo queríalle e quérolle coma un filio. É un bon rapaz. E non é que non teña defeutos, que os ten, moitos e grandes... Sempre foi moi preguizoso pro estudio. Empezou a carreira de Farmacia en Santiago, e como as asignaturas estaban duras, cambiou por Dereito. Viña de rematar a licenciatura cando empezou a Guerra Civil e foi chamada a súa quinta.
(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.