As diversas Oficinas de Propaganda e a Escola de Enxeñaría Emocional albergábanse nun mesmo edificio de sesenta plantas, en Fleet Strcet. Nos sotos e nos pisos baixos achábanse as prensas e as redaccións do tres grandes diarios londinienses: O Radio Horario, o xornal das clases altas, a Gazeta Gamma, verde pálido, e O Espello Delta, impreso en papel caqui e exclusivamente con palabras dunha soa sílaba. Despois viñan as Oficinas de Propaganda por Televisión, por Sensorama, e por Voz e Música Sintéticas, respectivamente: vinte e dous pisos de oficinas. Encima destes achábanse os laboratorios de investigación e as salas almofadilladas nas cales os Escritores de Pistas Sonoras e os Compositores Sintéticos realizaban o seu delicado labor. Os dezaoito pisos superiores estaban ocupados pola Escola de Enxeñaría Emocional.
(...)
-Cumpre a súa tarefa admirablemente -dixo Henry, con hipócrita xenerosidade.
-Seino. Razón de máis para mostrarme severo con el. A súa eminencia intelectual entraña as correspondentes responsabilidades morais. Canto maiores son os talentos dun home máis grande é o seu poder de corromper aos demais. E é mellor que sufra un só a que se corrompan moitos. Considere o caso desapasionadamente, Mr. Foster, e verá que non existe ofensa tan odiosa como a heterodoxia no comportamento. O asasino só mata o individuo, e, á fin e ao cabo, que é un individuo? -Cun amplo ademán sinalou as fileiras de microscopios, os tubos de ensaio, as incubadoras-. Podemos fabricar outro novo coa maior facilidade; tantos como queiramos. A heterodoxia ameaza algo moito máis importante que a vida dun individuo; ameaza á propia Sociedade. Si, á propia Sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.