Mo é o nome da vaca protagonista deste libro, que se desenvolve coa narración das súas lembranzas dende que nace no ano 1936 (inicio da guerra civil española) ata o momento no que as rememora, moitos anos despois. Deste xeito o axitado ambiente desa escura época circunda e ó mesmo xeito transforma a vida das persoas, a dos rumiantes e a das rumiantas.

Polo dito a vaca pasará pouco tempo na corte, e moito tempo de aventuras, explorando as verdes e frondosas montañas vascas, fuxindo de famentos lobos e coñecendo amigables xabarís; e sobre todo investigando as estranas cousas que están a ocorrer na súa granxa e que por forza se obriga a descubrir, cousas que terán que ver coa situación de belicismo imperante.
E todo isto mentras se narra a aventura interior dunha vaca observadora e inqueda, obrigada a renegar dos seus iguais, co afán de atoparse finalmente a sí mesma.
F.D.M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.