De lectura difícil pola súa pesantez ao non atopar un obxectivo ou desenvolvemento claro na historia que pode desanimar a continuar en moitos momentos. Semella pola contra un exercicio literario e introspectivo do autor, no que relata as súas pasadas inquedanzas en forma de longos e traballados diálogos en momentos trascendentes da súa vida.
Polo demais, a enorme cantidade de personaxes con nomes e apelidos, que non teñen en xeral maior relevancia, xera a impresión dun mundo moi real e caótico, onde a suma total de cada pequeno acontecemento producirá finalmente unha gran pegada.
A impresión final do libro é a de teres observado cinco momentos relativamente pouco espaciados no tempo da vida dunha persoa sensible e crítica coa sociedade na que vive, pero suficientemente longos para podernos percatar claramente da evolución dunha persoa no tempo, tanto as cousas que cambian nela, como as que siguen.
Como nota curiosa, Stephen Dedalus volverá a aparecer na obra Ulises que o autor publicaría seis anos máis tarde
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.