14 de outubro de 2012

AFONSO EANES DO COTÓN [B 1581 / V 1113]

AFONSO EANES DO COTÓN [B 1581 / V 1113] 


Veeron-m'agora dizer
dua molher que quero ben,
que era prenhe, e ja creer
non lho quig'eu per nulha ren;
pero dix'eu: «Se ést'assí,
oimais non creades per mí,
se a non emprenhou alguén.


E digo-vos que m'é gran mal
daquesto que lhi conteceu,
ca sõo eu cord'e leal,
pero me dan prez de sandeu;
mais vedes de que hei pesar
daquel que a foi emprenhar:
de que cuidan que x'a fodeu.


Pero juro-vos que non sei
ben este foro de León,
ca pouc'ha que aquí cheguei;
mais direi-vos ua razón:
en mia terra, per boa fe,
a toda molher que prenh'é
logo lhi dizen: "Con barón!"».

Ningún comentario:

Publicar un comentario