-Canto máis baixa é a caste -dixo Mr. Foster-, menos debe escasear o osíxeno. O primeiro órgano afectado é o cerebro. Despois o esqueleto. Ao setenta por cento do osíxeno normal conséguense ananos. A menos do setenta, monstros sen ollos. Que non serven para nada -concluíu Mr. Foster.
En cambio (e a súa voz adquiriu un ton confidencial e excitado), se lograsen descubrir unha técnica para abreviar o período de maduración, que gran triunfo, que gran beneficio para a sociedade!
-Pensen no cabalo -dixo.
Os alumnos pensaron no cabalo.
O cabalo alcanza a madurez ao seis anos; o elefante, ao dez. En tanto que o home, ao trece anos aínda non está sexualmente maduro, e só ao vinte alcanza o pleno coñecemento. De aí a intelixencia humana, froito deste desenvolvemento retardado.
-Pero nos Epsilones -dixo Mr. Foster, moi acertadamente- non necesitamos intelixencia humana.
Non a necesitaban, e non a fabricaban. Pero, aínda que a mente dun Epsilon alcanzaba a madurez aos dez anos, o corpo do Epsilon non era apto para o traballo até os dezaoito. Longos anos de inmadurez superflua e perdida. Se o desenvolvemento físico puidese acelerarse ata que fose tan rápido, digamos, como o dunha vaca, que enorme aforro para a comunidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.