17 de outubro de 2012

Reencontro

De profesión avogado e pintor, o alemán de orixe xudeo Fred Uhlman alcanzaría finalmente a fama como escritor trala publicación no ano 1960 desta pequena pero gran novela que transcorre nos anos previos á segunda guerra mundial.

 A profunda amizade de dous rapaces de orixe totalmente diferentes, Hans, un xudeo de pais burgueses, e Konradin, un alemán de reputada e antiga linaxe, trúncase cando un ten que exiliar aos Estados Unidos para protexerse do exército no que o seu amigo se alista.

Queda así a esperanza dun reencontro, que se vai desvaecendo a medida que o soño alemán se frustra, e con el as posibilidades de atopar ós seus soldados con vida.

F.D.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.