A SOMBRA DAS XOGADAS
Nun dos contos que integran a serie dos Mabinogion, dous reis inimigos xogan ao xadrez, mentres nun val próximo os seus exércitos loitan e esnaquízanse. Chegan mensaxeiros con noticias da batalla; os reis non parecen ouvilos e inclinados sobre o taboleiro de prata, moven as pezas de ouro.

Gradualmente aclárase que as vicisitudes do combate seguen as vicisitudes do xogo. Cara ao atardecer, un dos reis derruba o taboleiro, porque lle deron xaque mate e pouco despois un xinete ensanguentado anúncialle:
-O teu exército foxe, perdiches o reino.
Edwin Morgan, The Week-End Companion to Wales and Cornwall (Chester, 1929).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.