22 de setembro de 2021

Inicio de Dominios remotos

Dominios remotos
WARD MOORE

Escritor norteamericano, nacido en Madison (New Jersey) en 1903. Abandono a Escola Superior para seguir a vida literaria e traballo en diversas librarías até abrir unha propia. As súas dúas obras de ficción científica, "Greener Than You Think" e "Bring the Jubilee", son clásicas.
* * *
Ata que o seu informe foi coñecido, considerábase á expedición a Marte que Murphy, Gobiniev, Langois, Alameda e Mutsuhara levaron a cabo en 2002 como a primeira realizada con éxito. A verdade é que a primeira viaxe consumouno de modo completamente accidental, en 1887, o ano das vodas de ouro da raiña Vitoria, un tal Humphrey Beachy-Cumerland.
O seu nome completo era Humphrey Howard Clarence BeachyCumberland, e era parente afastado - moi afastado - dos Churchill, a quen consideraba máis ben como advenedizos. O non tiña titulo, e alimentaba sobre a dignidade do par ideas moi pouco amigables.
Houbera Beachy en Agincourt e Cressy, e Beachy-Cumberland foi nome distinguido en Naseby e Ramíllies, Prestonpans e Salamanca. Non estaba disposto a cambialo por un lord Fulánez ou un conde de Nonseionde. Aos vinte e cinco anos - nacera un despois da morte do príncipe consorte - posuía xa 
sólidos principios. Tiña un marcado interese polo progreso (mellores casas de veciños, clases gratuítas para obreiros...) e un alto sentido da responsabilidade (inspección de sumidoiros, pensións para os serventes anciáns...).
É o progreso, e de ningún xeito a afinidade, o que explica o seu interese por Oiles Pundershot. Pundershot era un vulgar en todos os sentidos: de humilde berce, colocaba mal a h, pedía diñeiro sen coidarse de devolvelo, lía as cartas alleas, seducía criadas e levaba a gravata dun colexio ao que non foi 
nunca. Chegada a oportunidade, fora moi capaz de cazar raposos a tiros. 
Era tamén un xenio de primeira magnitude, un físico tan por diante da súa época que ningunha universidade toleraba que se mencionase o seu nome nin ningún tratadista de viso molestábase en refutalo. Humphrey dáballe unha libra á semana, habitación na zona da servidume e unha razoable conta aberta nunha fundición de ferro da que era director. Concedeulle tamén un axudante de xardineiro e medio acre de terreo para a construción dunha máquina voadora. Tanto Humphrey como Pundershot estaban seguros de que o voo dos máis pesados que o aire sería posible antes de 1900.
A máquina voadora de Pundershot seguía concepcións revolucionarias. Era, en realidade, un proxectil... un proxectil sen canón.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.