9 de setembro de 2021

Aforismos de Leonardo

472.- Tolemia.- Como o touro salvaxe odia a cor vermella, os cazadores válense deste ardid para vencelo: envolven o tronco dunha árbore cun pano vermello; o touro atropela con gran furia, cravando os seus cornos no tronco, e isto permite aos cazadores matalo doadamente.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.