20 de setembro de 2018

Aforismos de Leonardo

330.- E se queres, oh, poeta!, describir as obras da natureza sen saír da túa profesión, finxindo diversos sitios e formas de varias cousas, o pintor vencerache con infinita superioridade de potencia. Se queres, en cambio, apropiarche ciencias alleas, separadas da poesía, tes que recoñecer que non che pertencen: tales a astrología, a retórica, a teoloxía, a filosofía, a xeometría, a aritmética e outras semellantes. Deixas xa entón de ser poeta, transfórmasche e non es máis aquel de quen falamos agora. Non ves, pois, que se queres ir á natureza, irás con axuda das ciencias inventadas por outros para estudar os efectos naturais? O pintor, por si só, sen valerse de nada pertencente ás diversas ciencias, irá, en cambio, directamente á imitación das obras da natureza. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario