23 de setembro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA IV

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA IV

Murguía conocía por exemplo o Liber Gabala, o Liber Gabala é un libro irlandés moitas veces refeito, pero probablemente na forma que o temos neste momento é do século XI. Está feito por redactados da derradeira redacción por un monxe do monasterio de Lindisfarnei na actual Irlanda. Neste libro que tamén pode levar por tiduo As conquistas dos fillos de Breogán conta a navegación desde Galicia a Irlanda de determinadas tribus celtas mandadas polos fillos do rei Breogán, constructor do primeiro faro da Coruña do que hoxe se chama a Torre de Hércules, polo seu revistemento román  etc. Entón o libro é moi fermoso e os capítulos adicados á saída dos celtas da Cruña para Irlanda é precioso. Levaban nada menos que a gaita e no mes de setembro cando soan os ventos tan cristalinos do sul que parece que o mundo ... se mete dentro dunha redoma de cristal, vían polas mañanciñas, alá no lonxe, pousada no mar, unha esmeralda verde. Era a illa de Irlanda. Víana desde Coruña. Chegaron alí e pelexaron cunhos pobos secretos e máis antiguos, probablemente un dos pobos máis antiguos dos que haxa noticia .... o de Danán eran os dioses e tal, un pobo que despois pasou a historia de Irlanda casi como un pobo de demonios de xente xigantesca e terrible destructores de pobos e tal...

Entonces tomouse un pouco ó pé da letra o Liber Gabala, e entón dixeron xa non hai discusión dice o ... os romanos souberon moi ben o que era un celta, sabemos e podemos probar filolóxicamente que algunhas das tribus galegas protohistóricas como os Lemacos do Val de Lemos, os Límicos do Val da Limia, seguro que eran celtas e probablemente algunha xente o norte da provincia da Cruña, de Bergantiños algunhas zonas sabemos tal, e aínda encima vén o Liber Gabala que nos fala das expedicións dos fillos de (MIl) dende Galicia a Irlanda, pois xa non hai duda ningunha. A verdá e que hai tódalas dudas, repito a moderna investigación arqueolóxica, filolóxica e etnográfica está de acordo en que os celtas foron moi poucos, estuveron en áreas moi delimitadas e a sua cultura... simplemente un dato: todo o mundo máxico galego que e moi intenso e moi coherente un dos mundos máxicos máis coherentes de toda a Europa Occidental, non ten absolutamente nada que ver, pero absolutamente nada que ver, co mundo máxico céltico, e dicir, as estructuras do mundo máxico galego, son totalmente diferente das estructuras do mundo máxico celta, tódalas supersticións galegas, que por certo están codificadas por un home que viviu nun mosteiro, nun dos primeiros mosteiros de Portugal perto de Braga un dos evanxelizadores perto de Portugal e de Galicia, San Martín de Dumio, escribiu no século VI que foi cando el viviu, un libro para correxir as supersticións dos campesinos desas zonas, o libro títulase "De corretione rusticorum" de como hai que corrixir ós rústicos. Bueno pois alí están todalas supersticiós que podemos chamar galegobragarenses ou bracarenses non dándolle a Braga primada, ese gran senso que tuvo da  cabeza da igrexa na Galicia, están alí todas e en ningunha delas, en absoluto, ten nada que ver coas estructuras do mundo mitolóxico, do mundo máxico e mítico dos celtas, e tamén debo decir que na maior parte de Galicia dun xeito ou de outro, non podo dicir o mesmo do norte de Portugal, pero dun xeito ou de outro na maior parte de Galicia no campo e no mar entre galegos e mariñeiros están vivas pouco modificadas, a veces exactamente tan e como San Martín de Dumio intentaba correxir no século VI, fanse en este momento en Galicia en determinadas épocas do ano ou con determenados acontecementos prácticas que estaban en vigor no século VI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.