16 de setembro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA II

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA II

Pero polo sur, antes de chegar ó Fisterre, cando as lexións romás chegaron ó río Lima, creron que era un río famoso na mitoloxía greco-latina, creron que era o Letheo, o río do olvido. Os que pasaban aquel río ó chegar a outra ribeira, esquencíanse a lengua que falaban, esquencíanse os nomes propios, os nomes das súas familias e os rostros, xa non sabían de onde eran, apátridas, vagabundos, sen noites nin días polo mundo. E non quixeron cruzar o Lima e tuvo que ser o propio xefe das lexiós, Décimo Xuño Bruto, quen pasou a cabalo e dende a outra ribeira empezou a chamar os lexionarios polo seu nome, a dicirlles as batallas en que habían estado xuntos, as xentes que o coñeceran e hasta os nomes das familias e os nomes das terras de onde proviñan. E entón, convencidos de que aquel non era o Letheo, de que aquelas augas mansas que van verdes entre ... e xunqueiras creron de verdade que non era o río do esquezo e pasárono e emprenderon a conquista de Galicia, a romanización de Galicia. De modo que Galicia é nin máis nin menos unha terra que ten a cabeza onde remata o mundo coñecido e ten os pés no Río do Esquezo. Realmente non pode haber país máis estrano, non pode haber país que estea máis lonxe, e que de máis lonxe veña a entrar dun xeito ou outro na grande historia humán.

Agora ben e este é un dos grandes problemas da realidade histórica galega ¿quen vivía en Galicia? ¿quen eran os poboadores dos vales e das ribeiras mariñeiras de Galicia? ¿quenes vivían nos castros? ¿que deuses había nos nosos bosques? ¿que falas eran as que andaban por alí? Os galegos, en primeiro lugar os historiadores, porque leron en Plinio sabían di Toribio, sabían que había moitos municipios que os romás chamaban celtas, e se había alguén no momento da romanización de Galicia que soupera o que era un celta, eran os románs que viñan de pelear contra eles na Galia Cisalpina e na Galia Trasalpina. Tamén no século XVI se lle preguntaramos a un home, se preguntáramos quen é o que sabe que é un mouro no mundo, pois contestaríamos que un español, porque víñamos 700 anos de pelexar contra eles, pro resulta que os españoles chegan ás islas Filipinas e á aqueles xefes paganos polo tanto amarelos e que non falaban árabe senon tagalo, chámanlles moros, os moros de Cebú, os moros do Iloilo, os moros de Luzón etc. e os seus xefes chámanlle mahometás porque, porque profesaban a relixión mahometana.

Unha cousa deste tipo puidose moi ben ter producido entre os románs. Puideron moi ben tratarse aqueles pobos de que ou tiñan unha lingua celta ou que tiñan unha determinada metalurxía, ou unha determinada cerámica o feito é que lles chamaron celtas. Pero nós hoxe estamos seguros de que á penas houbo celtas en Galicia. Foi un número moi escaso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.