17 de setembro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA III

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA III

Eu dixen unha vez nunha conferencia en Vigo -e parece que non gustou moitovque había no momento en que houbo mais, non máis que os socios o Real Club Celta de Vigo. Pero esto foi un comodín. En primeiro lugar ós galegos gustoulles de vir desta raza errabunda desta gran raza viaxeira de Europa que atravesou a selva Herciniana -que etimolóxicamente dicía antes de que se produxera un fenómeno da caída da cu na das lenguas celtas, era que Querciniana, e dicir, do querqus, do carballo- atravesar esta gran selva hasta Europa, chegar ós Finisterres todos pasar o mar e chegar a Irlanda, subir hasta Escocia, en fin esta gran raza amadora do mar e da onda atlántica e ó mesmo tempo vagabunda por todalas grandes chairas de Europa. O galego gustoulle pertenecer un pouco a esto. E os historiadores galegos, Murguía especialmente claro apoiados en..... e tal insistiron no fondo Celta da raza galega que por outra parte era un comodín.... Porque hai moita xente por aí que dí que os galegos somos humoristas e que esto veunos dos celtas.

Houbo moitos máis celtas en Segovia e en Sigüenza -dúas poboacións que teñen nome celta Segobriga e Segontia- que houbo en toda Galicia; e nunca oín falar que os segovianos señan humoristas ou os segontinos. Serviu pra moitas cousas, serviu para dicir por exemplo que cando no campo galego ou na ribeira do mar, atopamos xente loira co cabelo rubio e os ollos claros que eso é unha cousa que vén dos celtas. Non é verdá, vén dos suevos, das emigracións xermánicas en Galicia, porque se houbo celtas en Galicia e eran os procedentes do río Guadiana -do antiguo Anas- eran pequenos e morenos, e non loiros. Hasta o punto que outras tribus pequenas e morenas celtas que foron poboar por exemplo o norte de Escocia os (pictos) habendo corrido entre eles a idea -tamén unha idea un pouco estraña e dificilmente explicable de que o celta era alto, loiro e de ollos azuispintáronse, teñironse de roibo e por eso chámaselle Pictos, os pintados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.