329.- A pintura serve a un sentido máis digno que a poesía e reproduce con maior verdade que o poeta as figuras das obras da natureza; e estas son moito máis dignas que as palabras, que son obra humana; porque media a mesma proporción entre as obras dos homes e as da natureza que a que separa ao home de Deus. É, por conseguinte, máis digna cousa imitar as obras da natureza con verdadeiras imaxes dos feitos, que imitar con palabras os feitos e palabras dos homes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.