ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA I
Teño unha inmensa fe no destino do noso pobo dentro da ancha e comunal España. Coido que temos moito que dar e moito que servir e que podemos ser donos do tempo noso e do futuro a condición de que deixemos aquel refrán antigo de cando iba unha tropa de galegos chamada polo rei de Castela para campañas contra o mouro na linea do Texo e cando chegaron a Pobra de Sanabria, comenzaron a discutir sobre quen levaría o pendón, e entón un dos que iban alí, da casa de Savedra na terra Chá lucense, dixo aquelo de somos galegos e non nos entendemos e deu a volta para casa. Que nunca máis se poda dicir esto de nós.
A máis notoria condición histórica de Galicia é que Galicia está lonxe, e que Galicia era o Finisterre, o extremo da terra conocida. Despois daquelas rocas do Fisterre, daquelas rocas mouras nas que bate a onda atlántica, xa non quedaba máis que o mar tenebroso cheo de abismos e de enormes bestas nunca vistas... aquel océano no que según Séneca navega a besta enorme chamada Leviatán.
Cando as lexións románs chegaron a Fisterre -conta Valeiro Flavio- que os soldados ó ver o sol asolagarse no océano, escoitaron algo así como o runxido que fai un ferro o roxo vivo que se mete na na fragua do ferreiro e asoenllaronse e di .... que estaban presos dun relixioso terror: habían chegado o fin do mundo e habían visto a morte do sol....
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.