30 de setembro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VI

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VI


Ben, entón Mc Pherson colle uns poemas probablemente escritos por Ossián e senón por outros poetas irlandeses da época de Ossián e posteriores, o ciclo da xoia xaspeada, o ciclo do país da eterna primavera, etc. e el inventa uns poemas que llos atribue a Ossián e que todo o mundo, incluso nos seus primeiros anos o noso Menéndez y Pelayo, cren que efectivamente os poemas ossiánicos son verdadeiramente, aínda que Menéndez Pelayo reconoce que debe haber algunha mistificación por parte de McPherson, reconoce que aínda a cousa non é así, que debe de haber moito fondo auténtico, primitivo etc. É un libro que leu todo o mundo. Leuno Napoleón Bonaparte na víspera da batalla de (...) estaban entrando coas tropas francesas en Milán iba a cabalo e iba lendo o libro. (...) e o heroe da loita, das loitas de Hungría na primeira metade do século XIX, a víspera da morte na batalla de (...) está a carón dun pozo está bebendo o seu cabalo e el séntase para ler os poemas de McFerson. Chateubrian foi un gran lector de McPherson... eu quixera dicirlle ó representante do señor embaixador de España o perigoso que é ler a McPherson nas embaixadas, e especialmente se derriba... está o lado dunha consola, e no alto hai un cuadro que representa a unha mariña. Din que Chateubrian na sua embaixada de Roma estaba lendo os poemas de Ossián e cando chegou a aquel verso tan fermoso que moito tempo despois repetiría ... e dixo aquelo de que os pés do vento brilan ó longo do mar, do cuadro saliu unha ola que mollou ó señor vizconde René de Chatobrián.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.