16 de maio de 2018

Sobre Futbol

Ronaldo
M. Vázquez Montalbán

De todas as relixións deseñadas no século XX, a máis poderosa é o  deporte, e moi especialmente o fútbol en Europa, América Latina, parte de África e Asia. A definitiva implantación do fútbol como relixión non revelada produciuse nos últimos 50 anos, e a pesar de que non tivo profetas, nin deuses sobenaturais que o avalasen, dogmas e rituais deron a este deporte a gravidade de toda comuñón dos santos e dous superestructuras de poder, unha igrexa (a FIFA) e un deus. O primeiro deus futbolístico contemporáneo foi Alfredo Dei Stéfano; a continuación Pele, daquela Cruyff, despois Maradona e mediados os anos noventa do século XX, recentemente derrubado o muro de Berlín, produciuse unha crise teolóxica grave porque existía a relixión, o ritual máis mediatizado que nunca, presidentes de club ao Berlusconi que aspiraban a ser Fu Manchú ou Bin Laden, pero non había maneira de atopar un deus irrebatible.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.