12 de maio de 2018

Unha cidade flotante XXXIX

Xulio Verne
Unha cidade flotante XXXIX

CAPÍTULO VIII
A noite do mércores ao xoves foi mala. O meu leito axitouse extraordinariamente e tiven que apoiar os meus xeonllos e cóbados na súa táboa de dobre suspensión. Sacos e maletas danzaban polo camarote. Oíase un estrépito inusitado no salón inmediato, onde foran depositados, provisionalmente, dous ou trescentos fardos que chocaban coas mesas e bancos. Golpeaban as portas, gemían os tabiques, vasos e botellas daban chasquidos nas súas móbiles suspensións e caían ao chan, nas cociñas, cataratas de vaixela. Resoaban tamén os mugidos da hélice e os golpes das rodas que, saíndo da auga, alternativamente, azoutaban o aire coas súas paletas.
Comprendín que, habendo refrescado o vento, non permanecía xa insensible o buque ás ondas que lle collían ao seu longo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario