Os Parentes do Pobo dos Elfos.
Lord Dunsany
1. As Criaturas Salvaxes
Sopraba o vento do norte, e os últimos días de Outono sucedíanse en tons vermellos e dourados. Sobre os pantanos a tarde elevouse solemne e fría.
E todo estivo tranquilo.
Entón a última pomba volveu ao seu fogar nas árbores, na distante terra seca, cuxas formas se tornaron misteriosas na néboa. E novamente estivo tranquilo. Mentres a luz desvanecía e a bruma facíase máis profunda, o misterio arrastrouse desde todos os recunchos, achegándose.
Daquela os verdes chorlitos chegaron trinando, e todos descenderon. E novamente todo foi quietude, salvo cando un dos chorlitos elevábase e voaba un pouco, profiriendio o berro da desolación. E a terra volveuse acougo e silencio, esperando a primeira estrela. Entón apareceu o pato e a mareca, bandada tras bandada: e toda a luz do día desvaneceuse do ceo excepto unha banda vermella de luz. Sobre a luz apareceron, negras e inmensas, as ás dunha bandada de gansos batendo o vento sobre os pantanos. Eles, tamén, baixaron entre os xuncos.
E repentinamente, as estrelas apareceron e brillaron na calma, e logo houbo silencio nos inmensos espazos da noite.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.