![](https://4.bp.blogspot.com/-naZX7TGSB_A/TPD9Jp0PwSI/AAAAAAAAF7Q/5-Th4vhTrpsaSH5TlMBH-4jHrjcStUp2gCPcBGAYYCw/s1600/galicia_lw.gif)
Naquel mes dos maios tiven moita dolor. Os rapaces andaban a cantar, polas rúas, e o recender das roseiras entraba polas ventás do xardín. ¡Que tristura teñen as cántigas e os arumes nun mes de maio tan tristeiro cal o meu! Porque naquel mes levaron ao meu pai nun cadaleito mouro e os cregos deixaron chea a casa dos laios das súas cántigas e do arume do seu incenso.
...
Este mes de maio
é o mes das flores
en que os paxariños
nos mostran os seus amores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.