2 de xuño de 2015

SEN TI

SEN TI

Entras e sales da miña vida ao teu antollo, así nos últimos anos, aínda que ás veces creo que o noso debeu de empezar alá na infancia. Non sei se son mellor persoa cando estás preto, cando percíbo que estás dentro enchéndoo todo, cada oco, cada sombra.
Supoño que me fas feliz. Pero un día non estás, abro portas, armarios, a casa enteira e desapareces, percorro rúas, azoteas, esquinas, a tenda onde nos coñecimos, a túa primeira mirada tan doce, o sabor na miña boca que o cambiou todo, pero non estás.

Lindt Lindor Leite (1,79 euros en Mercadona), xa non estás.

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.