25 de xuño de 2015

Aforismos de Leonardo

194.- Non é tan forte o muxir do mar tempestuoso cando o setentrional aquilón axítao en ondas escumantes entre Escila e Caribdis; nin o estrondo de Stromboli ou Mongibello, cando as lapas de xofre, rompendo e abrindo violentamente a gran montaña, fulminan polo aire pedras e terra que escapan xunto coas lapas vomitadas, ou cando as caldeadas cavernas de Mongibello, regurxitando o mal contido elemento (o lume) e lanzándoo á súa rexión propia, levan furiosamente por diante calquera obstáculo que se opón ao seu impetuosa furia... E arrastrado polo meu vivo desexo, ansioso de ver a gran mezcolanza das variadas e estrañas formas creadas pola artificiosa natureza, despois de roldar algún tempo entre umbrosos penedos, cheguei á entrada dunha gran caverna, diante da cal quedei por un intre estupefacto e sen saber o que vía. Despois, arqueando o lombo, cunha cansa man fixa sobre o xeonllo, fixen sombra coa destra ás pestanas que mantiña baixas e pechadas. Encorvándome moitas veces cara a un lado ou outro, trataba eu de discernir algo alá dentro, sen poder logralo, por mor da gran escuridade interior. Despois de estar así por certo prazo, despertáronse en min súbitamente dúas cousas: medo e desexo; medo da ameazadora e escura caverna, desexo de ver se alí dentro, había algunha cousa de milagre. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.