3 de xuño de 2015

Fragmento de O Corazón portugués

Fragmento de O Corazón portugués, de Ramón Loureiro, nado en Fene o 3 de xuño de 1965

CON OUTRAVOZ

A faciana de pedra de Pontedeume sabe moitas historias de espiritados. E entre os seus contos preferidos está o da rapariga que morreu en Escandoi cun demo agochado no ventre: aquela nena da que pensaban que se lle viñera poñer dentro o espírito da avoa cando os seus tíos andaban metidos en avogados polas partillas dun testamento.
Ese prodixio, o da defunta que retornaba ó mundo para que non chegase a haber sangue entre irmáns, crérono moitos. Crérono por culpa de que no comezo do caso, antes de saírenlle á pequena das entrañas aqueloutras voces do Alén —as máis tebrosas de todas—, xa andaba ela a falar cos dicires dunha vella enfadada.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.